Total revolución no tamaño dos buzóns de correo electrónico
Mentres o servizo de correo electrónico de Google que dará un espazo de 1 Gb de almacenamento e acceso vía web, o resto dos competidores, agás Hotmail, están a reaccionar, xa que o anuncio do lanzamento do GMail de Google se fixo o 1 de abril e en dous meses e medio a oferta que hai no mercado dista bastante se analizamos as ofertas de correo electrónico gratuíto.
Yahoo!, pola súa banda, aumentou a capacidade das súas contas de correo electrónico de 6 Mb a 100 Mb na súa versión de balde, pasando a opción de pago a 2 Gb de capacidade. A grande vantaxe deste correo con respecto a outras ofertas é que permite a súa consulta a través de calquera programa de correo electrónico e non só vía web. Ademais incorpora filtros contra o correo lixo e os virus, cousa que agradecerán os seus usuarios.
Empresas como Lycos tamén modificaron as súas ofertas de pago, como indicamos no seu día, dando 2 Gb de capacidade que se pode repartir entre varias contas de correo, aínda que polo momento so está accesible dende Reino Unido.
Pero o máis abraiante é a cantidade de compañías relativamente pouco coñecidas que se lanzaron a ofertar contas de grande capacidade, como Spymac, que foi a primeira en dar o servizo de 1 Gb, seguida por outras como AventureMail con 2 Gb. Desgraciadamente estes servizos son sumamente lentos e sofren moitos fallos por mor da avalancha de subscritores, polo que dificilmente poderán facer fronte ó GMail de Google ou a outros servizos máis modestos.
Aparte dos espazos de correo de balde, as operadoras tamén están a ampliar o correo nas contas dos seus clientes, polo que o tamaño habitual dos buzóns é de 25 Mb, aínda que compañías coma Wanadoo xa ampliaron a capacidade ofrecendo ós seus clientes de ADSL ata 10 contas de correo de 100 Mb cada unha.
Por desgraza aínda quedan operadoras que non moveron ficha e continúan a dar ós seus clientes correos de escasísima capacidade, especialmente tendo en conta que na actualidade recíbese unha cantidade abraiante de virus e correo lixo, polo que tal limitación pode repercutir negativamente no usuario, que pode ver como o seu buzón supere a súa capacidade de non se descargar constantemente o seu contido.
Como veis, los operadores de ADSL están a dar cuentas de 25 Mb y, en algún caso, hasta 100 Mb pero, ¿y las cableras? ONO por su parte da 10 Mb, aunque te deja crear todas las cuentas que quieras, mientras R da 4 cuentas de 5 Mb, que ya era una cosa cutre hace 3 años, y que hoy resulta ridículo.
Conozco a gente que tuvo que dar de baja su cuenta de correo y crear otra porque sólo con los virus se le llenaba todos los días y R no le ofrecía ninguna solución. Es triste que tengamos una oferta tan limitada.
Está muy bien que nos quejemos de la velocidad de subida, y de otras cosas relativas a la conexión pero, ¿no estamos dejando un poco de lado que los servicios de valor añadido como el correo y el espacio web personal está totalmente descuidados?
http://www.bandaancha.st/foros.php?temid=256429